Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA MEZQUITA TOMA MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS

13 Mar 2020

Faino mediante un bando da alcaldía

O concello da Mezquita fai público un bando informativo ante o gran número de afectados rexistrados a nivel mundial polo Coronavirus (COVID-19) e tras as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, desde o concello faise una chamamento á responsabilidade cidadá para evitar o contaxio, por iso recoméndase:

Lavar as mans frecuentemente

Evitar tocar os ollos, nariz e boca

Ao tusir cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado

Con síntomas respiratorios evitar o contacto próximo con outras persoas

Ademáis recoméndase non acudir a actos que conleven aglomeración de persoal sobre todo se trata de sitios pechados.
Dirixirse ós servizos públicos por medios telemáticos ou telefónicos e só acudir en casos de urxencia ou pra trámites inaprazabeis

Para máis información sobre este tema chamar ao 900 400 116

 

 

 

Volver