Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA MEZQUITA OFERTA UN POSTO DE CONDUTOR/A DE TRACTOR ROZADORA

07 Mai 2018

É un contrato laboral temporal

O concello da Mezquita fai pública no BOP do 7 de maio a convocatoria de selección de persoal para a provisión dun posto de traballo de condutor/a de tractor con rozadora. A alcaldía, mediante resolución con data 17.04.2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para contratar temporalmente a un/ha condutor/a de tractor con rozadora. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio do BOP (7/5/18). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do Concello da Mezquita, http://amezquita.sedelectronica.gal.

Volver