Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA MEZQUITA OFERTA UN POSTO DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA

27 Mar 2019

Trátase dun concurso oposición

O concello da Mezquita fai pública a convocatoria da selección de persoal para a provisión dun posto de traballo de condutor de tractor con rozadora. A alcaldía, mediante resolución de data 21/03/2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso - oposición para contratar temporalmente a un/ha condutor de tractor con rozadora. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de dez días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do concello: http://amezquita.sedelectronica.gal

Volver