Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA MEZQUITA OFERTA PRAZAS PARA A BRIGADA ANTIINCENDIOS

07 Xul 2016

Son un total de 10 postos

O concello da Mezquita fai pública a convocatoria de prazas para brigada prevención e extinción de incendios. Son seis (6 ) pións, dous (2) pións-condutor@s e dous/dúas (2) xef@s de brigada de brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais. A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado a xornada completa por un período de tres meses. O procedemento selectivo e documentación será a establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas por Decreto de Alcaldía de 1 de xullo do 2016. Estas están expostas no taboleiro de anuncios do Concello da Mezquita e na páxina web do mesmo www.amezquita.es. O prazo de presentación de instancias será de de 5 días naturais, de luns a venres, dende o día seguinte á publicación deste anuncio, no BOP ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 e bases reguladoras. Presentaranse no Rexistro xeral do Concello da Mezquita. As contratacións están financiadas a través do Convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello da Mezquita para a creación de 2 brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Volver