O CONCELLO DA MEZQUITA OFERTA DÚAS PRAZAS PARA PIÓNS DE OBRAS
Son contratos laborais a tempo completo
O concello da Mezquita publica no BOP unha nova convocatoria para a provisión de dúas prazas na categoría de pión de obras. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais por servizo determinado a tempo completo. A duración dos mesmos será de tres meses e medio, sendo o sistema de contratación por concurso-oposición. O prazo para a presentación de solicitudes é cinco días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (22/6/16). O lugar de presentación das mesmas será o rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Se queres descarregar as bases específicas da convocatoria, pica no pdf de debaixo da fotografía

