Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA MEZQUITA OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

13 Abr 2021

Son postos para pións

O concello da Mezquita fai pública a convocatoria para a selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo dentro do Programa Empregabilidade 2021: dous pións de oficios varios para servizos públicos básicos.
A alcaldía, mediante resolución con data 08/04/2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para
seleccionar e contratar temporalmente a:

Clase de persoal: laboral temporal

Prazas: dous pións oficios varios para servizos públicos básicos.

Modalidade: contrato laboral temporal por obra e servizo determinado con duración aproximada de 7 meses.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09:00 a 14:00 horas, durante o
prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello da Mezquita, http://amezquita.sedelectronica.gal

Volver