Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA MEZQUITA OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO DE PIÓNS

26 Abr 2022

Son contratos cunha duración aproximada de 7 meses

Convocatoria da selección de persoal no concello da Mezquita, publicada no BOP do 29 de abril, para a provisión dos seguintes postos de traballo dentro do Programa de Empregabilidade 2022: dous peóns de oficios varios para servizos públicos básicos. A alcaldía, mediante resolución do día 27/04/2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente a:

Clase de persoal: laboral temporal

Prazas: dous pións de oficios varios para servizos públicos básicos

Modalidade: contrato de Programas de activación do emprego temporal con duración aproximada de 7 meses.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello, de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello da Mezquita, http://amezquita.sedelectronica.gal

Volver