O CONCELLO DA MEZQUITA OFERTA DEZ POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Crean dúas brigadas contra incendios forestais
O concello da Mezquita fai pública no BOP do 19 de xuño a convocatoria da selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: dous/dúas xefes/as de brigada, dous/dúas pións condutores/as e seis pións de brigada. A alcaldía, mediante a resolución do 15/06/2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente dous/dúas xefes/as de brigada, dous/dúas pións condutores/as e seis pións de brigada. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de dez días naturais seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello da Mezquita: http://amezquita.sedelectronica.gal

