O CONCELLO DA MEZQUITA BUSCA UN/HA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
Ofrecen un contrato laboral temporal a tempo completo
O concello da Mezquita fai pública no BOP do 27 de xaneiro a convocatoria para a selección de persoal para a provisión dun/dunha auxiliar de axuda no fogar. A alcaldía, mediante resolución do día 24/01/2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente a:
Clase de persoal: laboral temporal
Prazas: un/unha auxiliar de axuda no fogar.
Modalidade: contrato laboral temporal a tempo completo de duración segundo as necesidades do servizo.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello da Mezquita, http://amezquita.sedelectronica.gal

