Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA MEZQUITA BUSCA UN CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA

16 Abr 2021

As bases atópanse no concello e na sede electrónica

Convocatoria para a selección de persoal para a provisión dun posto de traballo de condutor/a de tractor con rozadora no concello da Mezquita, publicado no BOP do 16 de abril. A alcaldía, mediante resolución con data 12/04/2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso - oposición para contratar temporalmente un (1) condutor/a de tractor con rozadora. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello, http://amezquita.sedelectronica.gal

Volver