O CONCELLO DA MEZQUITA BUSCA PIÓNS
Son contratos de seis meses de duración
O concello da Mezquita fai público no BOP do 21 de abril que , a alcaldía, mediante a resolución do 19/04/2023, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente a:
Clase de persoal: laboral temporal
Prazas: dous/dúas pións oficios varios para servizos públicos básicos
Modalidade: contrato de programas de activación do emprego temporal, con duración de 6 meses.
Sistema de selección: concurso de méritos
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello da Mezquita, http://amezquita.sedelectronica.gal