O CONCELLO DA MEZQUITA BUSCA CHOFER DE TRACTOR ROZADOIRA
Trátase dun concurso oposicion
A alcaldía do concello da Mezquita fai público no BOP do 14 de maio que, mediante resolución do día 10/05/2022, aprobou as bases ás que se axustará o concurso - oposición para contratar temporalmente un/unha (1) condutor/a de tractor con rozadoira.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello da Mezquita: http://amezquita.sedelectronica.gal

