O CONCELLO DA MERCA OFERTA 5 PRAZAS
Son para un/ha capataz, un/ha pión condutor/a e 3 pións forestais
O concello da Merca, mediante resolución da alcaldía de data 29 de xuño de 2016, convoca 1 praza de capataz de incendios forestais, 1 praza de pión-condutor/a de incendios forestais e 3 prazas de pións forestais, en réxime laboral temporal polo sistema de concurso. No taboleiro de edictos do concello e paxina web “www.amerca.es” aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación da praza. O prazo de presentación de solicitudes será de 7 días naturais, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio (5/7/16). Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do concello. A duración do contrato será de tres meses, en réxime de persoal laboral temporal, de luns a domingo, e cunha retribución bruta de 942,86 € ao mes para o capataz e 771,43 € ao mes para o peóncondutor e peóns forestais. Contra esta convocatoria pode interpor, alternativamente, un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o alcalde deste Concello da Merca, de conformidade cos artigos 116 e 117 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso- administrativa. Se se optase por interpor un recurso de reposición potestativo, non poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso é sen prexuízo de que poida interpor vostede calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito

