O CONCELLO DA GUDIÑA OFERTA UNHA PRAZA DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA
Trátase dun posto laboral temporal
O concello da Gudiña, por resolución da alcaldía con data 23 de marzo de 2017, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de traballo para un/ha pión condutor tractor rozadora, para actuacións de rozas de xeito mecanizado en lugares nos que exista risco de incendio. A clase de persoal será laboral temporal, tendo como prazo de presentación de solicitudes oito días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (29/03/17), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Para consultar máis información, as bases específicas da convocatoria atópanse nas oficinas municipais do concello.

