O CONCELLO DA GUDIÑA OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO
Son prazas para ordenación e dixitalización do arquivo e para un/ha monitor/a de actividades para a mocidade
O concello da Gudiña, por resolución da alcaldía, con data do 31 de maio de 2016, aprobou as bases que rexerán a contratación de dúas prazas. A primeira é para un traballador/a para ordenación e dixitalización do arquivo municipal. A segunda e para un/na monitor/a para actividades dirixidas á mocidade. Trátase de persoal laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes é oito días hábiles (agás sábados), contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (4/6/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Pódese consultar máis información nas bases específicas da convocatoria nas oficinas municipais do concello.

