Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA GUDIÑA OFERTA CINCO PRAZAS

07 Xul 2016

Son para brigadas antiincendios

O concello da Gudiña anuncia a contratación de persoal laboral temporal das prazas para tres (3) pións, un (1) pión-condutor/a, e un (1) xefe/a de brigada de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado a xornada completa do artigo 15.1 do estatuto dos traballadores por un período de tres meses. O procedemento selectivo e documentación será a establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas por decreto da alcaldía de 4 de xullo de 2016. O prazo de presentación de instancias farase no prazo de 5 días hábiles (agás sábados) dende o día seguinte á publicación deste anuncio, ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 e bases reguladoras e presentaranse no Rexistro xeral do Concello da Gudiña. As contratacións están financiadas a través do Convenio entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello da Gudiña para a creación de 1 brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, financiado pola Consellería de Medio Rural, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Volver