Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA GUDIÑA OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

15 Xun 2020

Son para a brigada contra incendios forestais

Oferta de contratación de persoal laboral temporal no concello da Gudiña, publicada no BOP do 15 de xuño:

1.- Prazas :

Tres (3) pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Un/ha (1) pión-condutor/a de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Un (1) xefa/e de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

2.-Modalidade contractual

A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado, a xornada completa do artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores por un período de tres meses.

3.- Procedemento selectivo e documentación

A establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas polo Decreto da Alcaldía do 10 de xuño de 2020.

4.- Prazo de presentación de instancias

Presentaranse no rexistro xeral do concello da Gudiña durante o prazo de 5 días hábiles (agás sábados) dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio. As bases atópanse a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: http://agudina.sedelectronica.gal As contratacións están financiadas a través do convenio entre a consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia e o concello da Gudiña para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Volver