Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA GUDIÑA OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

16 Xun 2021

Formarán a brigada contra incendios forestais

O concello da Gudiña fai público no BOP do 16 de xuño o anuncio para a contratación de persoal laboral temporal das seguintes prazas:

Tres (3) pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Un/ha (1) pión condutor/a de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Un/ha (1) xefe/a de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

 Modalidade contractual
A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado, a xornada completa, do artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores, por un período de tres meses.

Procedemento selectivo e documentación
A establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas por decreto da Alcaldía do 10 de xuño de 2020, no BOP.

Prazo de presentación das solicitudes
Presentaranse no rexistro xeral do concello da Gudiña ,durante o prazo de 5 días hábiles (agás sábados), desde o seguinte ao de publicarse este anuncio. As bases atópanse á disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: http://a-gudina.sedelectronica.gal

As contratacións están financiadas a través do convenio entre a consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia e o concello da Gudiña para crear unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Volver