Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA GUDIÑA OFERTA CINCO CONTRATOS TEMPORAIS

19 Xul 2019

Crean a brigada antiincendios forestais

O concello da Gudiña publica no BOP do 19 de xullo a oferta de contratación de persoal laboral temporal
1.- Prazas:
Tres (3) pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Un/ha (1) peón-condutor/a de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Un/ha (1) xefa/e de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
2.- Modalidade contractual
A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado a xornada completa do artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores por un período de tres meses.
3.- Procedemento selectivo e documentación: A establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas por decreto de alcaldía do 16 de xullo do 2019.
4.- Prazo de presentación de instancias
Presentaranse no rexistro xeral do concello da Gudiña durante o prazo de 5 días hábiles (agás sábados) desde o día seguinte á publicación deste anuncio. As bases atópanse a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: http://agudina.sedelectronica.gal
As contratacións están financiadas a través do convenio entre a consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o concello da Gudiña para a creación de 1 brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Volver