O CONCELLO DA GUDIÑA CREA UNHA BOLSA DE TRABALLO
Seleccionan Auxiliares de Axuda a Domicilio
O concello da Gudiña fai público o anuncio no BOP do 14 de xuño que, por resolución da alcaldía, con data 9 de xuño de 2017, aproba as bases que rexerán a criación dunha bolsa de traballo para persoal no servizo de auxiliar de axuda no fogar. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no diario “La Región” de Ourense, no rexistro xeral do xoncello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Poderán consultar máis información nas bases específicas da convocatoria, nas oficinas municipais do concello.

