O CONCELLO DA GUDIÑA CREA UNHA BOLSA DE TRABALLO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR
Ofertan contratos laborais temporais
O concello da Gudiña, por resolución da alcaldía con data 2 de maio de 2016, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de traballo para persoal do servizo de auxiliar de axuda no fogar. A clase de persoal será laboral temporal.
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días hábiles (agás sábados), contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (5 de maio de 2016), no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Poderase consultar máis información nas bases específicas da convocatoria nas oficinas municipais deste concello sito na rúa Beato Sebastián Aparicio, 76, 32540 A Gudiña Ourense e teléfono 988 594 006.

