O CONCELLO DA BOLA PUBLICA A BASES PARA UN POSTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA
Ofertan un contrato a media xornada
O concello da Bola fai pública no BOP do 21 de marzo por resolución da alcaldesa, con data 18 de marzo de 2019, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dunha praza de persoal a media xornada para servizo complementario de atención á infancia. A duración do contrato será dende o 01/04/2019 até o 31/12/2019 e a clase de persoal: laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello de A Bola en horario de oficina.

