Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA OFERTA VARIOS POSTOS TEMPORAIS

02 Xun 2016

Piden un/ha oficial de 3ª e docentes para o curso AFD "Atención sociosanitaria a persoas no domicilio"

O concello da Bola por resolución da alcaldesa, de data 2 de maio de 2016, aprobou as bases para a selección e posterior contratación dun oficial de 3ª. A duración do contrato será deica o 31.12.2016, sendo a clase de persoal  laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes é de tres días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres e sábado de 10.00 a 13.00, ou por calquera dos previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello da Bola en horario de oficina.

Do mesmo xeito, por resolución de data 30 de maio do 2016, aprobaron as bases para a selección e posterior contratación de docentes para impartir o curso “Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio”. A duración distes contratos vai a ser pola duración do curso. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes nos tres días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres e sábado, de 10.00 a 13.00 horas. Se o terceiro día fose festivo, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Bola en horario de oficina.

Volver