O CONCELLO DA BOLA OFERTA UNHA PRAZA DE OFICIAL DE 1ª
É un contrato laboral temporal
O concello da Bola fai público no BOP do 21 de decembro que por resolución da alcaldesa, do día 16 de decembro de 2021, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun/ha oficial de 1ª.
Duración do contrato: dende o 1 de xaneiro de 2022 até o 31 de decembro de 2022.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres; ou por calquerados previstos na lei.
Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.