Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA OFERTA UNHA PRAZA DE EDUCADOR/A SOCIAL

16 Nov 2017

É un contrato temporal

O concello da Bola fai público no BOP do 16 de novembro a resolución da alcaldesa, con data 10 de novembro do 2017, na que se  aprobaron as bases para a selección e posterior contratación dun/dunha educador/a social. A duración do contrato será de duración determinada, dende a contratación até o día 30 de xuño de 2018. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos tres días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (16/11/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver