O CONCELLO DA BOLA OFERTA UNHA PRAZA DE CHÓFER PARA TRANSPORTE SOCIAL E DE PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA
Farán un contrato laboral temporal deica final do 2016
O concello da Bola por resolución da alcaldesa, con data 8 de abril do 2016, aprobou as bases para a selección e posterior contratación dun/dunha chofer para transporte social e de persoas con mobilidade reducida. A duración do contrato será deica o remate de 2016. A clase de persoal será laboral temporal.
O prazo de presentación das solicitudes é de tres días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, sábado de 10.00 a 13.00 horas, ou por calquera dos medios previstos na lei.
As bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Bola, sito no Campo de Veiga, 4 - 32812, A Bola Ourense e teléfono 988 451 293 en horario de oficina.

