Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA BOLA OFERTA UN POSTO TEMPORAL DE OFICIAL DE 1ª

21 Feb 2020

É un contrato deica a fin do ano 2020

O concello da Bola fai público no BOP do 21 de febreiro o anuncio, da aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun oficial de 1ª.
Duración do contrato: dende o 01/03/20 ao 31/12/20
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Bola en horario de oficina.

Volver