O CONCELLO DA BOLA OFERTA UN POSTO PARA UN/HA OFICIAL DE 3ª
Formalizarán un contrato laboral temporal
O concello da Bola fai público no BOP do 21 de decembro, por resolución da alcaldesa, con data 1 de decembro do 2017, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun/ha oficial de 3ª. A duración do contrato será de 12 meses e a clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (21/12/17), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres; ou por calquera dos previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina.

