O CONCELLO DA BOLA OFERTA SETE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Son para a categoría de Auxiliar de Axuda no Fogar
O concello da Bola fai público no BOP do 11 de decembro por Resolución da alcaldesa, de data 1 de decembro de 2017, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de sete auxiliares de axuda no fogar: catro a xornada completa, de luns a domingo, festivos incluídos, cos descansos que establece a lei; dúas a media xornada, de luns a domingo, festivos incluídos, cos descansos que establece a lei e unha a media xornada de luns a venres para cubrir permisos e días de descanso das outras auxiliares. Duración do contrato: dende 01/01/2018 deica o 31/12/2018. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (11/12/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina

