Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA OFERTA PRAZAS PARA DOCENTES

03 Xun 2016

Trátase da contratación de docentes para impartir o curso AFD "Atención sociosanitaria en institucións"

O concello da Bola, por resolución da alcaldesa, con data 30 de maio do 2016, aprobou as bases para a selección e posterior contratación de docentes para impartir o curso “Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.” A duración do contrato abranguerá a duración do curso, sendo persoal laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será nos tres días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (3/6/16), no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres e sábado de 10.00 a 13.00 horas, ou por calquera dos medios previstos na lei. Se o terceiro día fose festivo, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver