Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA BOLA OFERTA OITO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

17 Nov 2020

Son para auxiliares de axuda no fogar

O concello da Bola fai público no BOP do 17 de novembro por resolución da alcaldesa, con data 12 de novembro de 2020, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de oito auxiliares de axuda no fogar.
Os contratos serán:
- sete: de luns a venres, festivos incluídos, cos descansos que establece a lei; destes:
- catro serán a xornada completa (40 horas semanais), con xornada de mañá e tarde.
- tres a xornada parcial (20 horas semanais), con xornada flexible en función das necesidades do servizo.
- un: de xornada parcial (30 horas semanais) para desenvolver as tarefas propias do servizo as fins de semana (sábados  e domingos); e para cubrir permisos e días de descanso das outras auxiliares.
Duración do contrato: dende o 01/01/2021 ata o 31/12/2021
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación das solicitudes: nos sete días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver