Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA OFERTA 6 PRAZAS TEMPORAIS

09 Dec 2016

Son para Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello da Bola fai público no BOP do venres 9 de decembro por resolución da alcaldesa de data 2 de decembro de 2016, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de seis auxiliares de axuda no fogar, catro a xornada completa de luns a domingo, festivos incluídos, cos descansos que establece a lei; unha a media xornada de luns a domingo, festivos incluídos, cos descansos que establece a lei e unha a media xornada  de luns a venres para cubrir permisos e días de descanso das outras auxiliares. A duración do contrato irá dende o 01.01.2017 até o 31.12.2017. A clase de persoal é laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será nos sete días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (9/12/16), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.  Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Bola, sito na estrada Allariz-Celanova s n, 32812, Podentes, A Bola, e teléfono 988 451 293 en horario de oficina.

Volver