Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA BOLA CREA UNHA NOVA BRIGADA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

20 Xun 2022

Son cinco contratos de tres meses de duración

O concello da Bola fai público no BOP do 20 de xuño que por resolución da alcaldesa, con data 16 de xuño do 2022, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de cinco traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios.

Denominación dos postos: un/ha xefa/e de brigada, un/ha pión-condutor/a de brigada e tres pións de brigada.

Duración do contrato: tres meses.

Clase de persoal: laboral temporal

Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou por calquera medio previsto na Lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Bola, en horario de oficina.

Volver