Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA BOLA BUSCA UN/HA XEFA/E DE BRIGADA

01 Xul 2021

Traballará na brigada de prevención e defensa contra incendios

O concello da Bola fai público no BOP do 1 de xullo que, por resolución da alcaldesa do 1 de xuño de 2021, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de cinco traballadores/as para formar unha brigada de prevención e defensa contra incendios.
Denominación dos postos: un/unha xefe/a de brigada
Duración do contrato: tres meses
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera medio establecido na lei. Para máis información, pódense consultar as bases da convocatoria no concello da Bola, en horario de oficina.

Volver