O CONCELLO DA BOLA BUSCA UN/HA AXENTE TIC
Traballará na aula CeMIT dise concello
O concello da Bola fai pública no BOP do 19 de marzo a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para o seguinte posto de traballo:
- 1 axente TIC para a aula CeMIT do Concello da Bola.
Abre o prazo de presentación das solicitudes para participar no proceso de selección por concurso de méritos, que será de tres (3) días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os/as interesados/as poderán recoller as bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9.00 a 14.00 h.

