O CONCELLO DA BOLA BUSCA UN TRABALLADOR/A SOCIAL
Ofertan un contrato laboral temporal
O concello da Bola fai público no BOP do 2 de abril que, por resolución da alcaldesa do 15 de marzo de 2022, aprobáronse as Bases para establecer unha bolsa de emprego para a contratación temporal dun/dunha traballador/a social para o concello da Bola, a través da modalidade de concurso de méritos, para desempeñar as función propias do posto na entidade local dentro do Departamento de Servizos Sociais por tempo determinado, por supostos establecidos na lei (art. 15 do Estatuto dos traballadores) e concordantes; así como cando se trate de cubrir baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais do persoal que se contrate.
Clase de persoal: laboral temporal
Duración do contrato e xornada laboral: segundo a necesidade de contratación
Contrato laboral que se formalizará: segundo a necesidade, os que regula o art. 15 do Estatuto dos traballadores, aprobado polo RD lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, segundo o caso.
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina, e na sede electrónica do concello da Bola (https://abola.sedeelectronica.gal)

