Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA BOLA BUSCA SETE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

27 Nov 2019

Cinco dos contratos serán a xornada completa

O concello da Bola fai público no BOP do 27 de novembro por resolución da alcaldesa, de data 20 de novembro de 2019, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de sete auxiliares de axuda no fogar: cinco a xornada completa, de luns a domingo, festivos incluídos, cos descansos que establece a lei; unha a media xornada, de luns a domingo, festivos incluídos, cos descansos que establece a lei; e unha a media xornada, de luns a venres, para cubrir permisos e días de descanso das outras auxiliares. Duración do contrato: dende 01/01/2020 ata o 31/12/2020. Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación das solicitudes: nos sete días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina.

Volver