O CONCELLO DA BOLA BUSCA MONITORAS/ES PARA O "CONCILIA VERÁN"
Oferta catro postos de traballo temporais
O concello da Bola fai público no BOP do 15 de xuño que por resolución da alcaldesa do 13 de xuño de 2023, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación catro (4) prazas de monitores/as para o servizo Concilia Verán 2023
Duración do contrato: será desde o 1 de xullo ata o 8 de setembro de 2023.
Clase de persoal: laboral temporal, por circunstancias da produción.
Prazo de presentación das solicitudes: nos tres dias hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres; ou por calquera dos establecidos na lei. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina.
DESCARREGA AS BASES ABRINDO O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA