Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA BOLA BUSCA EDUCADOR/A SOCIAL

30 Out 2021

O contrato rematará en abril do 2023

O concello da Bola fai público no BOP do 30 de outubro que por resolución da alcaldesa, con data 26 de outubro de 2021, aprobáronse as bases da convocatoria para a contratación dun/dunha educador/a social para o oncello da Bola, a través da modalidade de concurso de méritos, suxeito ao Programa de emerxencia social e á inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, conforme coa orde do 6 de setembro de 2021, publicada no DOG nº 180, do 17 de setembro de 2021.

Xornada laboral: 30 h semanais (xornada parcial)
Clase de persoal: laboral temporal
Duración do contrato: dependerá das condicións nas que se conceda a citada subvención; sendo a duración prevista inicialmente do 1/12/2021 ata o 30/04/2023.
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello da Bola, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Volver