Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA AMPLIA A BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

25 Abr 2018

Son postos laborais temporais

O concello da Bola fai público no BOP do 25 de abril por resolución da alcaldesa, con data 20 de abril de 2018, a aprobación das bases para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar, como persoal laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos dez días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina.

Volver