Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA AMPLÍA A BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

30 Xun 2016

Ofertan postos como persoal laboral temporal

O concello da Bola por resolución da alcaldesa, con data 27 de xuño do 2016, aprobou as bases para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar, como persoal laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes é de cinco días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (30/06/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina

Para descarregar o anuncio do BOP pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver