Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA ARNOIA OFERTA DISTINTOS POSTOS PARA CONTRATAR PERSOAL

14 Xun 2016

Necesitan contratar persoal docente e persoal de seguimento para impartir os cursos AFD

O concello da Arnoia, mediante resolución con data 2 de xuño de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar docentes e persoal de seguimento e control dos Cursos AFD 2016 que impartirá esta entidade. Trátase dos cursos 2016-688. "Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría", e 2016-689. "Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría. Tamén os "Módulos transversais de Inserción Laboral, Sensibilización Ambiental e na Igualdade de Xénero, Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes e sobre Corresponsabilidade de Xénero. Do mesmo xeito tamén piden persoal de seguimento e control dos cursos. @s interesad@s poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello da Arnoia, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de tres días (excepto sábados, domingos e festivos) seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan expostas ao público no taboleiro de anuncios do concello.

Volver