Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELHO DE XINZO DE LIMIA RECÚA E ACHÉGASE Á POSTURA DA CIG DEVOLVENDO AO PERSOAL LABORAL O 7,5% DO SALARIO REBAIXADO

24 Ago 2014

Agora, tras 2 anos de continuas reprobacións xudiciais, o Alcalde de Xinzo de Limia reduce a rebaixa salarial imposta ao persoal laboral, numha porcentaxe próxima á proposta pola CIG

Fixeron falha 2 anos e 2 imputacións penais pra que o Alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, comprendera que o carreiro da imposición e o confrontamento coa CIG non produce outros réditos que a perda progresiva de apoio social e institucional.

No ano 2012, tras ameazar ao persoal laboral municipal coa imposición dun ERE extintivo, o Concelho de Xinzo de Limia olhouse obrigado, pola presión dos operarios/as e da CIG, a recuar e desbotar a proposta de ERE, mudándoa por outra: a rebaixa salarial.

A CIG e os trabalhadores/as tampouco aceptamos a rebaixa salarial pretendida e propuxemos, como contributo á arranxar a situación de caos económico creada polo proprio Partido Popular, umha minoración salarial do 5% ou 6% das retribucións. Mais, non só pro persoal laboral, senón tamén pro persoal funcionario e político do Concelho de Xinzo de Limia. Outros si pactaron co Concelho tal talhazo nos salarios do persoal laboral: a CSIF e CCOO.

Percorridos 2 anos, con ducias de accións en defensa dos intereses dos trabalhadores/as e, mesmo, conseguida a imputación do máximo rexedor municipal, agora, o Concelho de Xinzo achégase á postura da CIG reducindo a rebaixa salarial do 15,11% ao 7,5%.

Dende a CIG, analizada a decisión do grupo do Goberno do Concelho de Xinzo de Limia, temos que facer as seguintes consideracións:

a) Se o Concelho de Xinzo de Limia, no ano 2012, dialogara e se achegara á postura da CIG e dos trabalhadores, como agora tenta, de certo teríanse evitado ducias de problemas que, nesta altura, xa non tenhen volta atrás.

b) Os trabalhadores/as tinhamos razón cando afirmabamos que cun 5% ou 6% se podía cumprimentar o plano de axustamento.

c) A decisión de CSIF e de CCOO, tragando o 15,11% de rebaixa salarial pro persoal laboral fica, tras a decisión municipal de minorar a redución até o 7,5%, numha posición ben complicada de defender e moi próxima ao estado emocional de "vergonha sindical".

d) O Concelho de Xinzo e o seu Grupo de Goberno deberían deixar de dar paus de cego e aceptar a convite da CIG pra negociar umhas bases dirixidas a normalizar a actividade laboral e sindical na institución local.

e) Se o Alcalde do Concelho non reaxe con rapidez e acepta a única saída razoábel que ten: normalizar as relacións laborais coa CIG e cos trabalhadores/as, haberá facelo pola vía da imposición xudicial. A bola está no seu telhado...mais escoando cara abaixo !!

Volver