Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELHO DE VERIN RETOMA A NEGOCIACIÓN COLECTIVA CO PERSOAL LABORAL

02 Out 2014

O Alcalde do Concelho convocou reunión da Mesa Xeral de Negociación pro día 9 de Outubro do 2014

Tras varios meses de interrución, o próximo día 9 de Outubro, reiniciarase a negaciación colectiva, relativa ao persoal laboral municipal, ás 10.00 horas, no Salón de Sesións do Concelho verinés.

A Mesa Xeral de Negociación está composta do seguinte xeito:

1.- Sindicatos:  CIG: 6 membros e CSIF: 6 membros

2.- Administración: Igual número de membros que a parte sindical

Por medio desta negociación, as partes, tratan de substituír o Convenio Coletivo pro Persoal Laboral ao Servizo do Concelho de Verín, prorrgado, mais decaído no ano 2007.

Dende hai mais de 7 anos os trabalhadores/as laborais do Concelho de Verín non poden actualizar os seus dereitos e obrigas, dada a intransixencia do grupo de goberno popular que só, agora, coa reforma laboral en marcha, acepta negociar e aproveita tal normativa pra tentar desmantelar o que xa estaba reconhecido:

a) Baixar o salario a algúns trabalhadores/as, mentres outros cobran pluses de produtividade mensuais de 1000 euros.

b) Incrementar a xornada de algúns trabalhadores/as laborais, eliminando a xornada de vrao.

Istas son as propostas do Partido Popular. Que fará a CSIF ? Dende esta central sindical, pola experiencia de anos, case apostabamos, sen medo a errar, porque o caminho da CISF non se ha afastar un milímetro do caminho tracexado polo goberno municipal.

En todo caso, nos imos a facer o noso trabaho e, aínda que a dificultade é máxima, coidamos que o Alcalde Senador de Verín vai ter que pensar moi ben o que fai desta volta. Terá que elixir entre:

a) O diálogo, que é a melhor alternativa pra todos/as

b) A imposición, que, de ser ser o caminho elixido polo rexedor, provocará o que el conhece moi ben o enfrontamento sindical coa CIG.

Volver