Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Concelheira de Persoal
Resolución pola que se corrixe a baremación provisional
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELHO DE VERÍN RECTIFICA E MODIFICA A LISTAXE DE BAREMACIÓN DA PRAZA DE RECEPCIONISTA

10 Dec 2015

O Concelho de Verín estima a reclamación interposta pola CIG e rectifica a listaxe de baremación provisional da praza de recepcionista

Cando realmete se acredita o talante dumha organización e das persoas non é nos momentos nos que a maré empuxa a favor, senón cando vai temporal ! Por ise motivo é polo que, dende a CIG, temos de felicitar ao Concelho de Verín por rectificar un erro clamoroso na avaliación da proceso selectivo da praza de recepcionista, arranxalo, repondo a legalidade, e, ao cabo, demostrarnos que os erros están pra ser corrixidos e que as institucións son dos cidadáns e cidadás e non dos que temporalmente as ocupan.

No día de hoxe, a Concelheira de Persoal e Réxime Interior do Concelho de Verín ven de comunicarnos a resolución pola que, estimando a reclamación interposta pola CIG, corrixe o trabalho feito, modificando a atribución de puntos provisionalmente adxudicados aos participantes no concurso para a provisión dumha praza de recepcionista, consonte co disposto nas Bases de Contratación do Concelho de Verín que son para todos e todas iguais.

Probábelmente no día de manha, 11 de Decembro do 2015, se publique a listaxe definitiva, ordenada consonte coas puntuacións correctas que lhe corresponden a cada aspirante.

Parabéns !!!

Se queres descarregar o escrito de resolución pola que se estima a reclamación da CIG preme no Pdf que hai debaixo da foto

Volver