Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELHO DE VERÍN, CONDENADO A NEGOCIAR OS CALENDARIOS LABORAIS DA POLICÍA LOCAL COAS CENTRAIS SINDICAIS

04 Set 2018

O xulgado CA1 de Ourense atendeu a demanda interposta pola CIG Verín

O día 8 de xulho do 2016, no ámbito da Mesa Xeral de Negociación do Concelho de Verín, o goberno municipal e a representación sindical e unitaria dos trabalhadores/as, aprobaron o "Acordo dirixido a regular a actualización da Relación de Postos de Trabalho, a Renovación do Convenio Colectivo do Persoal Laboral, o Acordo Regulador do Persoal Funcionario e as Bases de Contratación do Concelho de Verín"

Os compromisos contraídos, naquila altura, foron defraudados e incumpridos, sistematicamente, pola máxima autoridade local verinesa que decidiu, unilateralmente, non someter a aprobación plenaria os pactos asinados.
O pasado 31/01/18 o Xulgado do CA nº 1 d’Ourense, estimando o recurso da CIG, ditou sentenza condenando ao Alcalde do Concelho de Verín a incoar, no prazo de 10 días, un procedimento administrativo dirixido a dar cumprimento aos Acordos da Mesa Xeral de xulho do 2016, impóndolhe a obriga resolver o procedimento no prazo máximo de 3 meses e, asemade, imputando ao Concelho o pagamento das custas procesuais.

A día de hoxe, de novo, o Xulgado do CA nº 1 d’Ourense ven de estimar un recurso da CIG e condenar ao Concello de Verín a:

a) Elaborar un proxecto de cadro anual de horarios e vacacións dos axentes da Policía Local, incluíndo a previsión de reforzos que levan aparellado os días de eventos especiais previsibles de antemán (entroido, nadal, etc.)

b) Someter a trámite de consultas/negociación colectiva ese proxecto, con reunións e trámites que faciliten a posibilidade de alcanzaren un acordo cos representantes dos traballadores.

c) Concluído o trámite, haxa acordo ou non, o cadro deberá ser aprobado polo órgano municipal competente, posibilitando así que os representantes dos traballadores impugnen, se é o caso, os seu contido substantivo recorrendo contra a resolución final aprobatoria da programación.

Pois ben, ou moito muda a actitude do Concelho de Verín de aquí ao fin da lexislatura ou, infelizmente, iste vai ser o carreiro que seguirá percorrendo o grupo de Goberno nos 4 preitos que aínda faltan pro resolver e, daquela, nenguén poderá aducir que a CIG non tentou a vía do diálogo e que non advertiu das consecuencia da reiteración e da negativa a negociar.


Como sempre, ficamos abertos a falar co grupo de goberno, mais ese diálogo pasa por cumprir o que se asina.

Volver