Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O Comité de Folga da Vidreira do Atlántico fai avaliación das últimas xornadas de folga e estuda novas accións coa CGTP

18 Mar 2009

Presentan denuncias por vulneración do dereito á folga

Tras a celebración da 6ª quenda de folga na fábrica Vidreira do Atlántico, S.A., o Comité de Folga fai as seguintes avaliacións: En primeiro lugar, salientan as especiais circunstancias nas que se desenvolveu esta convocatoria de folga, precedida por un intento ilícito da patronal de abrir negociacións individuais, de costas ao Comité de Empresa e aos sindicatos, dirixidas a rachar a unidade dos traballadores e traballadoras e a limitar o direito de folga e liberdade sindical.

Desde o Comité de Folga sinalan que "de nada serveu ao señor Jorge Alexandre Tavarés Ferreira a "triste, ridicula e ilegal" operación de convocar, proibindo a presenza dos membros do Comité, a todos os operarios e operarias da fábrica, pretendendo enganalos e, con iso, rematar coa resistencia sindical. Pola contra, os resultados acadados con tan "burda" manobra foron os que ha obter mentres non entre en razón: unanimidade e seguimento masivo da folga convocada, por unha banda, e denuncia da súa conduta por antisindical pola outra (achégase ao final desta nova en pdf a denuncia presentada por 2 membros do Comité de Folga no Xulgado de Instrución de Xinzo da Limia).

En segundo lugar, o Comité de Folga procederá a partires da mañá mesmo, en dúas direccións:

1º.- En cumprimento do noso deber voltaremos a convocar negociacións coa Dirección da Emprea para tentar atopar unha saída negociada ao conflito.

2º.- De persistir a negativa a negociar (violando do direito de folga) dirixiremos nas proximas semanas a nosa acción sindical (previa á 7ª quenda de folga) a convocar mobilizacións en Portugal, co apoio da CGTP e das Comisoes Sindicais das fábricas do Grupo BA no País viciño.

Nista liña enviamosvos a foto que os traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico enviaron á CGTP-IN, ás Comisoes Sindicais da BA en Portugal e á imprensa portuguesa, agradecendo a solidariedade e cooperación recebida na 1ª reunión mantida con eles a pasada semana.

Volver