O COLEXIO DE ENFERMEIRÍA DE OURENSE COMEZA A FACER DE XEITO GRATUÍTO TEST RÁPIDOS DE COVID
Faraos na súa sede de Ourense
O Colexio Oficial de Enfermeiría de Ourense comeza a partir de hoxe xoves 19 de novembro a realizar test rápidos de COVID-19 de xeito gratuíto no marco da realización dun estudo epidemiolóxico.
Deste xeito habilitaron un circuíto de tránsito seguro na sede do Colexio Oficial, situada na rúa Villa Valencia, nº 18 de Ourense, “onde os cidadáns que acudan a realizar o test rápido serán atendidos por enfermeiras e enfermeiros, é dicir, profesionais sanitarios formados, coa experiencia e competencias necesarias para a realización de probas diagnósticas”
Para poder participar no estudo, as/os cidadáns deben pedir cita previa a través da páxina web habilitada para iso https:// manager. enfermeriaourense. org/cita- covid ou a través do teléfono 988 228 417.
Dende a organización colexial recordan que “é imprescindíbel que acudan á cita no día e hora sinalados, co seu DI e tarxeta sanitaria, para poder rexistrar os resultados do test de forma adecuada. Pódese pedir cita para a semana en curso, abríndose os venres as reservas para a semana seguinte; e sempre en horario de 9:30 – 13:15 e 16:30 – 18:15, de luns a sábado.
Á chegada á sede do Colexio Oficial, tomaranlle a temperatura da/o usuaria/o e procederase á hixienización de mans. Unha vez cumprimentados os formularios de rexistro, poderá acceder á zona de extracción de mostras, onde esperará ao resultado. En caso de ser negativo, entregaráselle un xustificante de realizar o test; en caso de ser positivo, o usuario deberá comunicar nese mesmo momento a Radar Covid a súa situación para que se proceda cos protocolos estipulados pola Xunta de Galiza