Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O COLECTIVO DE XUBILADAS/OS E PENSIONISTAS DA CIG SAE Á RÚA EN OURENSE

27 Feb 2018

Concentrouse diante do antigo banco de España para recoller sinaturas e marchou até a subdelegación do goberno

O colectivo de xubiladas/os e pensionistas da CIG concentrouse diante do centro municipal "Anxel Valente" (antigo banco de España) onde recolleu sinaturas dunha carta que vai dirixida ó ministro de facenda e despois marchou en manifestación cara á subdelegación do goberno onde se deu lectura a un comunicado.

Denuncian que coas sucesivas reformas aprobadas tanto polo PSOE como polo PP, durante varios exercicios non se revisou o importe nominal das pensións, ou fíxose por baixo da inflación, até "que en 2013 o PP eliminou a lei que establecía o IPC como referente, promovendo un duro recorte que nalgúns casos pode reducir até nun 20% as futuras pensións, a conta das mentiras sobre o aumento da esperanza de vida".

Aseguran que estas reformas complican cada vez máis o acceso ás pensións contributivas, diminúen as contías das pensións de quen accede ao sistema e atrasan a idade efectiva de xubilación. "Como resultado, na actualidade temos un maior empobrecemento das persoas pensionistas", salientan. De feito, preto dun 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo e seguen aumentando as diferenzas, como o demostra que as pensións na Galiza estean máis de 15 puntos por baixo da pensión media do Estado español.

Ademais, lembran que, como noutros ámbitos, tamén no caso das pensións as mulleres son as máis prexudicadas, por teren unha unha vida laboral máis precaria e con importantes lagoas de cotización, que xunto ás altas taxas de feminización das pensións non contributivas, fai que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo a liña da pobreza.

Volver