O ALCALDE SENADOR DO CONCELHO DE VERÍN CONVOCA NEGOCIACIÓN COA CIG, PRA DAR CUMPRIMENTO Á SENTENZA DO TSXG POLA QUE SE ANULARON OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO ANO 2011
A reunión fixouse pro venres, día 16 de Maio, ás 11.00 horas no Concelho de Verín
O Alcalde senador do Concelho de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, ven de convocar a Mesa Xeral de Negociación do Concelho, pra dar cumprimento ás obrigas impostas pola Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, sobre a falta de negociación coa que se aprobaron os Orzamentos Municipais do ano 2011.
Por 3ª vez, Jiménez Morán, tras ser reprobado polos tribunais, a medio da anulación dos Orzamentos do Concelho dos anos 2009, 2010 e 2011, ten que convocar á CIG pra tratar os temas propostos pola central, denegados no seu momento e que diron lugar á estimación das pretensión sindicais.
Alén de que o senhor Morán, nas dúas ocasións nas que xa se olhou obrigado a reconvocar a Mesa Negociadora tentou pasar o trámite recuncando nos mesmos vicios polos que foi condenado: aparentar umha negociación inexistente; cabe facer umha avaliación da actitude democrática dun político que non só representa aos verineses e verinesas, como Alcalde, senón que representa a todos os galegos e galegas, como senador por designación da Comunidade Autónoma de Galiza. E nise sentido, as notas obtidas polo senhor Alcalde de Verín, non dan pra chegar ao aprobado, por moito que se lhe axude. A saber:
* Condenado por violar o dereito de liberdade de expresión da CIG, ao proibir a utilización de megafonías numha folga xeral.
* Condenado 3 veces por violar os dereitos de negociación colectiva e defensa, ao negarse a negociar coa CIG os orzamentos dos anos 2009, 2010 e 2011.
* Condenado e multado por violar o dereito de liberdade de expresión da CIG, ao retirar pancartas da CIG alusivas ao conflito do Parador de Turismo de Monterrei.
Mentres o senador Jiménez Morán incumpre e vulnera todo tipo de dereitos, a xustiza condena a 3 anos de prisión a 2 trabalhadoras dun complexo deportivo de Pontevedra, por terse manifestado a favor dun convenio Colectivo.
É preciso virar imediatamente o rumo desta nave e pór proa cara as persoas e os trabalhadores e trabalhadoras, se non se fai así a situación seguirá a degradarse até o descontrol.